sábado, 22 de noviembre de 2014

Aprobeitando este periodo de inactividade obligatorio por causa da lesión teño oportunidade de seguir as clases doutra maneira menos participativa físicamente pero máis completa a nivel visual, e nesta última sesión que gracias ó bo tempo nos deixou volver ás pistas decidimos poñer en práctica a teoría aprendida na clase sobre o salto de pertiga e tamén do de altura sobre o que vou facer unha pequena entrada.

Primeiro facendo un reparto en grupos comezamos a practicar a batida dos diferentes estilos que existen, unha farase coa perna exterior como no metodo Fosbury e outro coa interior para o Rodillo ventral, cousa que parece sencilla pero que na clase daba bastantes problemas, tamén puiden observar nos meus compañeiros a diferencia que existe na batida coa perna"boa" a fecelo coa "mala"pasado este exercicio, o profesor considerou que estabamos preparados para dar o salto xa sobre as plataformas reglamentarias e cun listón de goma por precaución ante máis que posibles golpes así que colocados en dúas filas comezaron, primeiro facendo a carreira regamentaria e probando as diferentes técnicas, algúns con algo máis de xeito que outros, pero ó final cun ambiente de risa e relaxación pasamos un bo rato e de paso aprendimos un pouco que é do que se trataba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario