Empezando co meu espazo persoal aprobeito para que vaiades vendo algunha das miñas pequenas afeccións como por exemplo pode ser a pesca de río, arte que veño practicando duns anos atrás e que me relaxa e pon en contacto coa natureza dunha forma especial, xa que a mellor parte destas xornadas non é cando se mira a cesta e se recontan as capuras senón o levantarse cedó, chegar ó río e desfrutar de toda a visión que nos ofrece: o rocío nas follas das árbores, a xeada nos camiños, a néboa sobre o río, os animais espertando...
Pero como en todo deporte, sempre hai algo de pique, neste caso non co rival senón co compañeiro, a ver quen é capaz de coller máis troitas, cousa que anima dunha forma sana o día, e sempre falando dentro do legal, respetando tamaños e número de peixes.
A continuación vos deixo aquí un par de vídeos de dúas das técnicas que utilizo cando me animo a probar sorte..
A primeira delas e que máis alegrías me da, a culleriña con lance de ballesta
E outra delas que queda máis limitada ó final da tempada porque se necesitann dias calurosos e ríos con menos caudal, denominada mosca seca.
Espero que vos sirva de algo este pequeno resumo que fago e xa irei comentando máis sobre o tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario