TECNICA DE CARREIRA

A técnica de carreira inflúe directamente na velocidade e na saúde dos corredores.

O principal obxetivo que teñen os corredores cando se emprende o entrenamento para unha carreira tende a ser unha mellora tanto no ritmo como no tempo empregado para a proba, para eso planifícanse sesións dotadas de saídas, series, planos inclinados, fondo, respiración...elementos básicos que aumentan as capacidades aeróbica e anaeróbica o que da como recompensa unha maior comodidade e menos desgaste, nembergantes, moi pouco dese tempo vai adicado á técnica.




Mediante datos científicos está demostrado que a técnica é un dos factores que máis inflúen na velocidade de desprazamento.
Certos estudios desenrolados por expertos na materia determinaron que a tecnica desenvólvese na súa maior parte en idades temperáns (10 - 14) co que é nesta etapa donde máis e mellor se pode influir e correxir os defectos que se observen, pasados eses anos será máis complexo chegar a acadar unha boa, ou polo menos correcta técnica de carreira pero a base de constancia e disciplina chegarase ó obxetivo.


Por outro unha boa técnica de carreira é directamente proporcional a un menor número de lesións en espalda, nocellos, xeonllos..e polo tanto gozar dunha mellor saúde deportiva.

Na técnica inflúen certas capacidades físicas destacando principalmente a amplitude de movementos, a flexibilidade e en  menor medida pero non menos importante a forza. Polo que se empezará con exercicios de elasticidade no tren inferior da seguinte forma:

-cadeira: amplos estiramentos empezando paulatinamente para que teña como resultado evitar a limitación da amplitude de zancada

-xeonllo:no mismo grado que a cadeira, despacio ir estirando sen forzar demasiado e conseguirase unha maior amplitude

-tobillo: a elasticidade neste membro é importante de maneira especia xa que recibe o impacto directamente contra a superficie do chan, polo tanto sendo máis flexible sufrirá menos.

A forza, capacidade antes nomeada é imprescindible para poder soportar todos os golpes que reciben as articulacións durante a carreira, unha musculatura debidamente tonificada protexe tendóns e ligamentos.

A continuación repasaremos breve e teóricamente a posición dunha adecuada técnica.

-o tronco: debe ir recto e evitando torsións

-brazos: un adecuado támdem de brazos proporciona estabilidade ó corpo gastando menos enerxía, deben ir nun ángulo duns 90º

-mans: deben ir relaxadas e nunca cos puños apretados posto que consumen enerxía

-cadeira: lixeiramente inclinada hacia adiante para evitar a flexión de tronco

-zancada: tras realizar o xesto técnico do exercicio coa amplitude idonea, o pe debe buscar enérxicamente para obter maiores sensacións e propulsión.

A técnica deberase practicar semanalmente en tres sesións con series de 20-40 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario