sábado, 18 de abril de 2015

un pouco de judo

aprobeitando que esta semana comezamos coa práctica dun novo deporte, farei un repaso da súa historia, desde que nace ata o día de hoxe suliñando os aspectos máis destacados desde o meu punto de vista:




A súa orixe ten lugar en Xapón no ano 1882 e está patentado polo mestre Jigoro Kano, practicante doutra arte marcial como é o jujitsu, das dúas principais escolas desta actividade vai recopilando certas técnicas utilizadas polos samurais e guerreiros nos campos de combate creando así o Judo.






Na actualiade o judo está considerado deporte olímpico permanente xa que aparece incluído en tódalas edicións dos xogos.

A forma de practicalo baséase nos lamzamentos, sumisión e estrangulamentos aínda que tamén existen puntos de presión aplicables ó oponente así como luxacións. Todas estas características fan qu sexa un deporte moi usado en corpos como a policia ou o exército.

Está considerado hoxe en día un dos mellores deportes de iniciación para rapaces de entre 4 e 21 anos xa que axuda de forma moi destacada a potenciar as habilidades psicomotrices en idades temperáns, así mesmo foi declarado polo COI como o deporte máis completo polos valotres que inculca aos deportistas,

A continuación deixo un vídeo para que entendades  todo un pouco mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario