artigos de interese

o meu rincón

sábado, 16 de mayo de 2015

exemplo de sesión

Con esta entrada quero describir unha clase de judo das que nos recibimos.
Como toda sesión sexa do deporte que sexa, empeza cun quecemento que nos aplicamos a base de xogos, moi variados e donde conseguimos unha activación previa ó resto de contidos.

Xa na parte principal comezaremos de forma progresiva, repasando conceptos aprendidos anteriormente como o saúdo, a colocación do cinturón, etc. Continuamos coa práctica de exercicios como poden ser as caídas, primeiro depacio e desde unha posición de sentados para logo facelo de pe e xa de forma máis dinámica e seguida, existen vrios tipos: cara atrás, lateral, cara adiante e rodada, esta útima un pouco máis complexa.

Un bo exercicio que se inclúe na sesión é o de volteretas cara adiante, atrás, roda lateral, reptar polo chan solo axudados de brazos ou a posición de gamba.

Unha vez chegados a este punto é o momento de dar paso ás inmobilizacións, e volteos, por parellas e sempre controlando o grupo e o espacio para evitar posibles colisións entre os alumnos, explicaramnse por puntos e repetindo as veces que sexa necesario, así mismo durante a execución faremos as pertinentes correcións. das

Logo do anterior veñes as proxeccións, as cales serán levadas a cabo coas mismas pautas que os anteriores exercicios.

Para rematar a sesión, podese meter na sesión unha pequena ronda de combates para poñer en practica o aprendido.

A volta á calma terá lugar cun feedback e coa recollida do material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario