artigos de interese

o meu rincón

sábado, 29 de noviembre de 2014

clase de natación

Esta semana xa que sigo lesionado toca falar un pouco da clase de natación do luns desde un punto de vista externo, polo que intentarei facer un pequeno resumen de como foi a sesión.



Empezarei co estilo mariposa e comentando un pouco os diferentes exercicios que se levaron a cabo para ir asimilando a técnica.
Primeiro, e cas aletas postas, practicamos a ondulación do corpo, moi necesaria para nadar mariposa, os tobillos irán extendidos e o movemento salirá da cadeira deixando as rodillas o máis quietas posible, repetimos o exercicio de forma ventral, lateral e dorsal varias veces.




Logo dese preimeiro exercicio, puxéronse en acción os brazos, primeiro solo con un, ó mesmo tempo que a patada seguía sendo doble e con aletas, logo co outro e por último cos dous á vez.

Deixando de lado este estilo, fixemos unha avaliación cunha ficha da técnica de espalda e por grupos de 3-4 persoas, fixándonos punto por punto en aspectos concretos(corpo, brazos,pernas, respiración) durante tramos de 8-10 metros, en ditos metros puntuabamos cun máximo de 4 e un mínimo de 1 por concepto, acabada a tarea, e cada un coa súa ficha comentabamos os puntos a mellorar entre o grupo e as medidas a aplicar para subsanalo.

espero que a próxima semana poida ser parte activa da clase xa.

sábado, 22 de noviembre de 2014

Aprobeitando este periodo de inactividade obligatorio por causa da lesión teño oportunidade de seguir as clases doutra maneira menos participativa físicamente pero máis completa a nivel visual, e nesta última sesión que gracias ó bo tempo nos deixou volver ás pistas decidimos poñer en práctica a teoría aprendida na clase sobre o salto de pertiga e tamén do de altura sobre o que vou facer unha pequena entrada.

Primeiro facendo un reparto en grupos comezamos a practicar a batida dos diferentes estilos que existen, unha farase coa perna exterior como no metodo Fosbury e outro coa interior para o Rodillo ventral, cousa que parece sencilla pero que na clase daba bastantes problemas, tamén puiden observar nos meus compañeiros a diferencia que existe na batida coa perna"boa" a fecelo coa "mala"pasado este exercicio, o profesor considerou que estabamos preparados para dar o salto xa sobre as plataformas reglamentarias e cun listón de goma por precaución ante máis que posibles golpes así que colocados en dúas filas comezaron, primeiro facendo a carreira regamentaria e probando as diferentes técnicas, algúns con algo máis de xeito que outros, pero ó final cun ambiente de risa e relaxación pasamos un bo rato e de paso aprendimos un pouco que é do que se trataba.


jueves, 13 de noviembre de 2014

Aprobeitando que estos días estivemos practicando tanto na piscina como tomando apuntes vou comentar unha das variantes que poden existir á hora de poñer en práctica este estilo, e que ademáis polo nivel que nos temos é a que a maioría usa; estou a referirme á braza formal.

- Neste estilo, a posición do corpo será mási plana para eliminar resistencia á auga

- A tracción dos brazos pódese considerar estreita.

- Mediante unha pequena flexión de cintura podemos conseguir que os pes permanezan debaixo da auga sewn sair á superficie.

- A patada ó igual que a brazada tamén vai ser máis estreia.

- A barbilla non se despega da superficie

- Non existe acción descendente e ascendente de caderas.



sábado, 8 de noviembre de 2014

respiración en técnica de mariposa

Na anterior semana na nosa visita á piscina estivemos descubrindo prácticamente de cero, no meu caso polo menos, a técnica de mariposa, e chamoume a atención de forma especial a maneira de levar a cabo a respiración así que a continuación repaso un pouco en que consiste.

Os movermentos necesarios para colocar a cara do nadador por encima da superficie comezan durante o barrido da brazada afora, durante ese barrido continúase mirando adiante mentres a cabeza se acerca á superficie, a cara debería romper a auga durante o barrido ascendente dos brazos.



Débese respirar durante a primeira parte de dito movemento e durante a primeira parte do recobro.

Por outro lado, a coordinacióndos pes e o movemento da cabeza son moi importantes, xa que se realiza un batido cando a cabeza entra na auga e outro cando sae.

Outro punto a destacar é o feito de respirar cada dous ciclos de braza.

Nos últimos anos algús mariposistas optan por realizar respiración lateral como en crol, aínda que non está validado creese que aforra gasto enerxético.