jueves, 9 de octubre de 2014

posición do corpo na técnica de crol

Esta semana a pesares de non ir á piscina voume centrar na posición do corpo na técnica de crol xa que si que a tratamos na aula mediante apuntes, vídeos e imaxes.

Por unha parte e para comezar, unha boa postura corporal proporcionaranos unha menor resistencia aquadinámica e para conseguilo son tres os aspectos básicos:

Alineación horizontal do corpo: debemos estar o máis rectos posibles e mover os pes de forma efectiva e a certa profundidade na auga, sin sacalos fora pero tampouco baixandoos en exceso porque nos levaria o tronco ó fondo e restaríanos tanto velocidade como enerxía, estaríamos na misma situación coa cabeza e cos hombros se os levantaramos.

Alineación lateral do corpo: refirese ó xiro que se produce como consecuencia das brazadas, e debemos evitalo pola misma razón anterior, a resistencia á auga, polo que debemos ir o máis rectos posibles e non producir ese "zig zag".


Rolido:´denomínase así ó xiro que se produce ó longo do corpo (eixe lonxitudinal) este movemento facilita tanto a tracción como o recobro de brazos, polo tanto os nadadores de crol deberían mecanizar este movemento o antes posible para chegar a unha técnica apta.
como norma xeral solemos ladealo corpo máis cara o lado donde facemosla respiración..

As consecuencias de non  realizar unha correcta alineación corporal son varias como por exemplo estas:

- pérdida de velocidade
-inadecuada recuperación de brazos
-ineficaz respiración
-tracción inadecuada
- maior resistencia ó avance. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario