esta semana tocou a volta á piscina despóis de varias de ausencia por diversas circunstancias, e un dos aspectos traballados dentro desta sesión foi a do viraxe de crol:
- esta técnica consiste en chegar á da piscina despóis de facer un largo e para virar tocarase cunha soa man a parede ´para logo xuntar a outra, agruparse cos pes apoiados e de forma medio lateral, estirar a continuación a man do lado ó que queremos virar e xuntar a outra de seguido para así sumerxirse e impulsarse na parede buscando certa profundidade para facer efectiva a técnica.
-a forma de traballar e practicar este sistema foi a de meternos varios alumnos por calle, e desde o centro da piscina (para manter libres as zonas de traballo) ibamos nadando a crol para chegar á parede, poñer en uso o anteriormente descrito e sair nadando braza para facer outro tipo de viraxe na parede contraria, donde ó chegar en lugar de tocar cunha das mans, utilízanse as dúas, como esixe a normativa.
blog sobre o deporte e o día a día do ciclo tomado desde o punto de vista dun futuro técnico deportivo
artigos de interese
▼
o meu rincón
▼
sábado, 28 de febrero de 2015
martes, 17 de febrero de 2015
neve
Ainda que algo retrasado comezamos outra vez e que mellor forma de facelo que falando desta semana de neve que acabamos de rematar.
Voume centrar un pouco no esquí porque é o que practiquei e do que teño agora si nocións básicas, a verdade é que era a miña primeira vez e a experiencia non puido ser mellor, neve perfecta, temperatura agradable, sol e por suposto unhas pistas incribles e un mestre que nos daba clase polas mañás con moitas ganas e bo trato.
O primeiro día foi se cadra o menos divertido de todos pero pode que o máis productivo xa que logo, non nos movimos da entrada da estación pero tomamos contacto co material que ibamos ter que por toda a semana e varios conceptos básicos como a posición do corpo, colocación dos esquís, dos bastóns, etc. Ese mesmo día pola tarde xa nos aventuramos un pouco polas pistas verdes para ver como era o tema e as sensacións non puideron ser mellores.
Nas seguintes xornadas a cousa foi avanzando tanto co profesor como cos compañeiros que sabían esquiar e que nos iban dando certas correccións que eran de agradecer e por fin chegou o momento de subir ó telesilla para disfrutar do que era verdadeiramente a estación e poñer todo o aprendido en práctica, con algún que outro problema nas pendientes fumos baixando todos, facendo os xiros amplos, en cuña ó primeiro e logo nalgo xa máis cercano ó paralelo, que era o noso obxetivo principal, sen presa e cun estilo non moi depurado a semana foi indo cara ó final e nos cada vez máis cansos pero con ganas de máis.
Nunca costou tan pouco madrugar e polo que a min respeta, non teño dúbida que volverei.