análisis comparativo da técnica de mariposa entre dous nadadores anónimos e logo entre os mesmos e Phelps

Este artigo tratará de deixar patentes as diferenzas que existen entre dous nadadores nivel amateur da técnica de mariposa e logo farase a mesma operacióncun nadador profesional, neste caso xa que que o vídeo é inmellorable o escollido será Michael Phelps.

video 1


https://www.youtube.com/watch?v=8H7u30vnn2g

Diferenzas

- o nadador do bañador negro ten unha enerxia superior no global ó de bañador azul

- o do bañador negro, presenta maior ondulación de todo o corpo á hora de nadar

- o do bañador negro tamén executa a patada de delfín máis marcada e pronunciada

- a coordinación no home de bañador negro tamén é máis axeitada ainda que ámbolos dous a executan de forma similar

- o recobro máis rápido e enérxico queda patente no nadador do bañador negro tamén

-en canto ás patadas, na primeira vese unha maior flexión de rodilla e muslo

- o de negro.

Vamos agora cuns breves puntos comúns entre eles dous:

- ainda que como anteriormente quedou citado que na coordinación pode ser algo superior o de bañador negro, nas imaxes vese que é correcta nos dous casos.

-a repiración tamén é prácticamente igual e cada dous ciclos.

A continuación terá lugar a introducción do segundo video sometido a análise, nel veranse as diferenzas que poide haber entre unha categoría amateur como pode ser a dos anteriores nadadores e unha profesional.


video 2




Diferenzas:

- Phelps realiza un mellor recobro que calquera dos dous anteriores nadadores.

- a velocidade de nado evidentemente é moi superior nel tamén.

- a coordinación de brazos e pernas superior a calquera dos anteriormente citados.

- a enerxía e forza que imprime en cada ciclo e movemento é maior.

- Phelps leva a cabo unha maior flexión de muslos e rodillas así como de tobillos.

- os coodos van máis flexionados e acaban máis arriba ó final da tracción.

- a respiración de deste nadador é cada ciclo e non cada dous como no primeiro dos vídeos.

Puntos a ter en común:

- a profundidade coa que nadan é similar.

- a acción dos brazos e pernas ,ainda que coas diferenzas arriba explicadas, son comúns en todos eles.


Como conclusión apuntar que na comparación destos nadadores de categorías tan diferentes, atoparanse máis diferenzas que similitudes á hora de facer un análise pormenorizado



Fontes: youtube

Autor: Enrique Mejuto Sesar




No hay comentarios:

Publicar un comentario