sábado, 18 de octubre de 2014

INTRODUCCIÓN Á MARCHA ATLÉTICA

Esta semana empezamos a coñecer e intentar poñer en práctica conceptos básicos da marcha atlética así que aquí deixo un pequeno resumo e conceptos básicos.

A marcha é unha modalidade na que se executan unha serie de pasos sendo a súa norma máis importante que en todo momento teñen que estar os dous pes apoiados na superficie sobre a que desenvolvamos a carreira, sen haber perda de contacto visible, se esto pasase con reiteración poderíamos ser descalificados.


A perna de avance ten que permanecer recta desde o primeiro contacto co chan ata que pasa pola vertical.

A marcha é olímpica desde 1908 no caso dos homes, para as mulleres houbo que esperar algúns anos máis, concretamente ata 1992.

Practicouse por preimeira vez en Inglaterra no século XVIII pero non foi ata o XIX cando aumenta en popularidade e adeptos ata extenderse por toda Europa e chegal a américa.

Existen grandes marchadores de países tan distantes comio España, Italia, Rusia, China, Guatemala...




jueves, 9 de octubre de 2014

Posición da perna de ataque no paso de vallas

Estas dúas últimas semanas estivemos comezando coa técnica de paso de vallas, deporte moito máis complicado de executar do que pensaba nun principio xa que entran moitos factores en xogo ó mesmo tempo como por exemplo a estatura, o sentido do ritmo, a flexibilidade e a velocidadeé por outro lado, a perna de ataque, a de impulso, o tronco e os brazos


A perna de ataque:

- necesitaremos unha elevación enérxica da mesma para pasar a valla xa que se atopa a unha altura de 1.10 metros de elevación.
-a perna debe ir con certa flexión e non coa rodilla totalmente recta para que a técnica sexa correcta.
-o muslo debe ir recto cara adiante e inclinado un pouco cara arriba.
-cando mandamos atacar a perna debemos estar flexionando o tronco, xa que coinciden nos tempos.
-debemos pasar o máis cerca posible da valla e envolvela para aterrar do outro lado o máis cerca dela para seguir coa carreira,  a toma de contacto farase sobre a punta do pe, co tobillo tensionado e ó mesmo tempo coa rodilla estirada.

posición do corpo na técnica de crol

Esta semana a pesares de non ir á piscina voume centrar na posición do corpo na técnica de crol xa que si que a tratamos na aula mediante apuntes, vídeos e imaxes.

Por unha parte e para comezar, unha boa postura corporal proporcionaranos unha menor resistencia aquadinámica e para conseguilo son tres os aspectos básicos:

Alineación horizontal do corpo: debemos estar o máis rectos posibles e mover os pes de forma efectiva e a certa profundidade na auga, sin sacalos fora pero tampouco baixandoos en exceso porque nos levaria o tronco ó fondo e restaríanos tanto velocidade como enerxía, estaríamos na misma situación coa cabeza e cos hombros se os levantaramos.

Alineación lateral do corpo: refirese ó xiro que se produce como consecuencia das brazadas, e debemos evitalo pola misma razón anterior, a resistencia á auga, polo que debemos ir o máis rectos posibles e non producir ese "zig zag".


Rolido:´denomínase así ó xiro que se produce ó longo do corpo (eixe lonxitudinal) este movemento facilita tanto a tracción como o recobro de brazos, polo tanto os nadadores de crol deberían mecanizar este movemento o antes posible para chegar a unha técnica apta.
como norma xeral solemos ladealo corpo máis cara o lado donde facemosla respiración..

As consecuencias de non  realizar unha correcta alineación corporal son varias como por exemplo estas:

- pérdida de velocidade
-inadecuada recuperación de brazos
-ineficaz respiración
-tracción inadecuada
- maior resistencia ó avance.