sábado, 20 de septiembre de 2014

toma de contacto

Primeiros días de clase conocendo os compañeiros e prefesores de cada módulo, intuindo como pode ser a forma de traballar de cada un deles.

Por agora contento de que se mesturen tarefas teóricas con prácticas desde o primeiro momento que serven para ir vendo sobre o terreo o que pode ser o curso.

Nestas dúas primeiras clases destaco sobre todo a forma de ir integrando conceptos pouco  a pouco en deportes dos que non tiña moita idea como son o rugby e a orientación, ademáis de ter que ser a figura do árbitro no caso do rugby, papel que nunca desempeñara e que fai que se vexan as cousas de forma diferente.Tamén subliño a forma de traballar cun grupo, dividindo o mesmo noutros para traballar de forma máis dinámica e precisa, con  máis atención e participación dos alumnos como consecuencia...

En definitiva, saco en claro que o importante de ser técnico non é ser o mellor no deporte, senón saber transmitir os conceptos que se desexan dunha forma o máis clara posible.