artigos de interese

o meu rincón

domingo, 26 de abril de 2015

outra forma de dar clase

aprobeitando que un día desta semana a xente escaseaba na clase debido a varios voluntariados os encargados de selos técnicos fumos nos así que por turnos dedicámonos a levala sesión de judo e aquí vos deixo un pequeno esquema-resumo

Comezamos coa colocación do cinturón, impartida xa por un de nos, seguimos co saú,do, parte obligatoria en toda sesión unha vez feito esto, ten  lugar o quecemento por medio de xogos suxeitos a varias modificacións donde toda a clase se activa.

A parte principal empeza coa clase sentada no tatami coas pernas recollidas e atendewndo ás esplicacións do técnico para seguidamente poñer en práctica o explicado, neste caso serán as caídas e as diferentes formas de facer a progresipon para aprendelas. Outro dos exercicios que se realizan nesta parte son algunha das inmobilizacións que existen neste deporte e a forma de realizalas, os volteos e a forma de facelos e donde tirar ou presionar para conseguilo, volteretas cara adiante e atrás, esenciais para poder ser yudoka e por último unha  chave de yudo pie que empezamos a usar nas ultimas duas clases, tamén como coas anteriores, paso a paso e practicando.

A volta á calma neste caso tivo lugar cun pequeno feedback por parte da profesora incidinto tantop en aspectos positivosd como noutros que deberían ser mellorados.


sábado, 18 de abril de 2015

un pouco de judo

aprobeitando que esta semana comezamos coa práctica dun novo deporte, farei un repaso da súa historia, desde que nace ata o día de hoxe suliñando os aspectos máis destacados desde o meu punto de vista:




A súa orixe ten lugar en Xapón no ano 1882 e está patentado polo mestre Jigoro Kano, practicante doutra arte marcial como é o jujitsu, das dúas principais escolas desta actividade vai recopilando certas técnicas utilizadas polos samurais e guerreiros nos campos de combate creando así o Judo.






Na actualiade o judo está considerado deporte olímpico permanente xa que aparece incluído en tódalas edicións dos xogos.

A forma de practicalo baséase nos lamzamentos, sumisión e estrangulamentos aínda que tamén existen puntos de presión aplicables ó oponente así como luxacións. Todas estas características fan qu sexa un deporte moi usado en corpos como a policia ou o exército.

Está considerado hoxe en día un dos mellores deportes de iniciación para rapaces de entre 4 e 21 anos xa que axuda de forma moi destacada a potenciar as habilidades psicomotrices en idades temperáns, así mesmo foi declarado polo COI como o deporte máis completo polos valotres que inculca aos deportistas,

A continuación deixo un vídeo para que entendades  todo un pouco mellor.